Pasar al contenido principal
  • Español Español
  • Galego Galego
Empresas de Galicia logo
  • Directorio
  • Actividades
  • Alta de Empresa
  • Modificación y baja
  • Anuncios
  • Anuncios B2B
  • Servicios
Inicio

Destácase a potencialidade da Ruta da Camelia como produto turístico

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, explicou durante a rolda de prensa de presentación da ‘Exposición da Camelia Cidade da Coruña’ que a Ruta da Camelia é única en Europa e que non existe outro destino no noso continente que poida ofrecer unha experiencia turística semellante. Carmen Pardo participou no acto de presentación dunha mostra que terá lugar nos Xardíns de Méndez Nuñez da cidade da Coruña os días 11 e 12 de febreiro e que recollerá exemplares desta flor procedentes de diversos puntos de Galicia. A secretaria xeral para o Turismo asistiu a este acto de presentación no que tamén estiveron presentes o concelleiro de Medio Ambiente, Enrique Salvador, e mais a presidenta da Asociación Española da Camelia, Carmen Salinero, e animou aos expositores e cultivadores a participar nesta iniciativa que servirá como complemento do produto turístico Ruta da Camelia.

Segundo explicou Pardo, existen camelias en Portugal, na Bretaña francesa ou no Norte de Italia pero ningún destes lugares ofrece ao visitante unha variedade de especies de flor de camelia, de coleccionistas, de exposición e de produtores de planta que se pareza a Galicia. “Isto non o saben os turistas que se achegan a Galicia e moitos galegos tampouco, polo que poderíamos dicir que é un segredo gardado de Galicia”, resaltou. E engadiu que a Ruta da Camelia está configurada na actualidade por unha ducia de xardíns públicos e privados que permiten disfrutar dunha experiencia única e orixinal.

A secretaria xeral para o Turismo explicou que dende Turgalicia xa se leva traballado nos dous últimos anos na promoción e difusión desta ruta, organizando viaxes para xornalistas e operadores turísticos. “Operadores como Individual Holidays ou Kirker Holidays xa incorporaron este produto dentro da súa oferta”, matizou Carmen Pardo. Tamén engadiu que o pasado mes de xullo tivo lugar a presentación do folleto da Ruta da Camelia no festival de xardinería máis importante do mundo que se celebra en Hampton Court, ás aforas de Londres, onde obtivo gran éxito.

Segundo destacou Carmen Pardo, ter a oportunidade de facer a Ruta e asistir a unha exposición de camelia é unha experiencia inesquecible. A secretaria xeral explicou que esa é a liña na que se traballa dende a Secretaría Xeral par ao Turismo a través de Turgalicia, na creación de produtos cabeceira de marca que supoñan experiencias e vivencias inesquecibles e únicas para o viaxeiro. O Camiño de Santiago; Mananciais de Galicia; Turismo Mariñeiro; Paseando entre viñedos; Faros e praias salvaxes; Santuarios máxicos; Patrimonio oculto; Bosques de Galicia; Lugares únicos e a Ruta da Camelia son os nomes dos Productos Cabeceira de Marca de Galicia.

A mostra que hoxe se presentou na Coruña pode formar parte da experiencia de facer a Ruta da Camelia. Todos aqueles expositores interesados en participar deben enviar unha solicitude de inscrición antes do día 2 de febreiro á Concellaría de Medio Ambiente. O día 11 ás 17 horas terá lugar a inauguración oficial e ás 17.30 horas e o Enxeñeiro Técnico Agrícola Eusebio López Redondo ofrecerá una conferencia baixo o título ‘As camelias do futuro’. A mostra estará aberta ao público xeral o domingo entre as 11 da mañá e as 21 horas.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Compartir

Facebook Twitter Meneame Google Buzz
Entrar/Registrarse
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

Notas de Empresas

  • uñas de gel
  • Cubiertas Rendal
  • Nace la Agencia Oitenta.
  • MTGroup crea su pagina web
  • Master en Propiedad Industrial y Nuevas Tecnologías
más

Entidades

  • cámaras de comercio
  • confederaciones de empresarios
  • oficinas de servicios
    • registros de la propiedad
    • registros mercantiles
  • comercio exterior
    • aduanas
    • agencias de comercio
    • cámaras de comercio
    • oficinas de comercio
  • asociaciones
    • colegios profesionales
    • profesionales
    • empresariales
    • sindicales
    • cofradías de pescadores

Asociaciones

colegios profesionales
profesionales
empresariales
sindicales
cofradías pescadores

De interés

Calendario fiscal
Calendario laboral
Documentación
Domingos e días festivos con comercios abertos

Contacto

empresas de galicia colabora


Galicia Digital
| Interdix Galicia | Páginas Amigas | Página de Interés

INTERDIX GALICIA, S.L (CIF B27256874) Registro Mercantil de LUGO ( TOMO 287, SECCIÓN 8, HOJA LU-6953, FOLIO 76 )

info2@galiciadigital.com - tlfno : 902 190 387


© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados
TEXTO LEGAL DE PROTECCIÓN DE DATOS