A directora xeral de Cooperación Exterior da Xunta visita a Aula de Productos Lácteos da USC en Lugo, modelo utilizado para a capacitación dos traballadores rurais en Perú
A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, visitou a Aula de Produtos Lácteos do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias da Universidade de Santiago de Compostela, no Campus de Lugo, para coñecer de preto o seu funcionamento.
Trátase dunha planta que serve de modelo no proxecto Pil Perú , no que están a participar a Xunta de Galicia -a través da dirección xeral de Cooperación Exterior-, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade Nacional Agraria La Molina (UNALM) de Perú, para a capacitación dos traballadores rurais do Perú. A UNALM ten como misión crear profesionais de excelencia académica e proxectar á comunidade os avances nas diferentes ciencias agrícolas e pecuarias.
O proxecto Pil-Perú ten como principal obxectivo colaborar en temas de teleformación coa instalación dunha aula informática e a implantación dun simulador virtual de produción de industrias lácteas como ferramenta de formación e desenvolvemento.
A directora xeral de Cooperación Exterior reuniuse cos responsables da Aula e diversos profesores da USC para analizar os resultados dos proxectos e colaboración e buscar sinerxías nos traballos futuros.
Enxeñería agroforestal
Neste encontro tamén participaron representantes do Laboratorio do Territorio do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica de Superior de Lugo, que están a participar en varios proxectos da Universidade Nacional de Loja (Ecuador) de capacitación en ordenación do territorio, información xeográfica e xestión de propiedade (catastro) na zona de Vilacamba (Ecuador). Con eles tamén repasaron os proxectos que se están a desenvolver en Perú e analizar novas propostas de actuación.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia