Notas
-
O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA inaugura unha dobre cita feiral, coa cuarta edición do salón de enerxía Enerxétika e a primeira da feira de servizos municipais ExpoMunicipal. Ambos certames reunirán ata o sábado 520 firmas expositoras de 24 países dos sectores enerxético e municipal, as cales estarán representadas por 181 expositores de España, Portugal, Andorra, Francia, Italia, México, Israel e República Checa.
-
A spin-off da UDC PhotoIlike vén de facerse co premio Solvia PropTECH á mellor tecnoloxía para a comercialización de activos, logo de impoñerse ás máis de 50 candidaturas participantes nesta segunda edición dos premios. Así mesmo, outorgáronse doutros dous premios noutras dúas categorías.
-
Un salto abismal. Así se refiren as alumnas e alumnos de UVigo SpaceLab á súa nova estación terrea, unhas instalacións situadas no edificio Filomena Dato que se converterán no 'corazón do procesamento da sinal e futuro centro de control para a misión espacial BIXO', algo no que levaban máis dun ano traballando para a súa posta a punto e que agora se converte en 'pedra angular' para o éxito da misión.
-
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
-
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.
-
O glioblastoma é un tumor que se orixina no cerebro, de rápido crecemento e agresividade, que afecta sobre todo as persoas maiores. É o máis común dos tumores cerebrais e, na actualidade, non ten cura. Agora, un equipo de investigación do CiMUS dirixido por María José Alonso e Pablo Aguiar, avanza no diagnóstico temperán e o tratamento desta enfermidade grazas á nanotecnoloxía no marco da plataforma de micro-mecenado da USC Sumo Valor.
-
O impacto da velutina na produción de uva analízase por primeira vez nun artigo internacional da UDCA prestixiosa revista Agriculture, Ecosystems & Environment acaba de publicar un artigo científico sobre o traballo realizado por investigadoras da UDC sobre o impacto da avespa asiática nos viñedos de Betanzos. O traballo, realizado pola investigadora Yaiza Rodríguez Lueje baixo a dirección das doutoras María Amalia Jácome e María José Servia, abordou por vez primeira a cuantificación real dos danos causados por esta especie invasora en viñedos, así como ensaios de viabilidade do uso de mallas para protexer as uvas.
-
Reforzar a cooperación europea en materia de protección civil e prevención de catástrofes promovendo a posta en marcha dun sistema de gobernanza baseado en probas científicas. Este é o obxectivo do proxecto europeo Comumunity of Valued Experts in Hydrometeorological and Technological Multi-Hazards, nado baixo o paraugas da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, adscrita á Facultade de Ciencias do Traballo da UDC, e liderado pola profesora Sonia Zaragoza.
-
O Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo, coñecido polo acrónimo de CACTI, celebra este 2024 o seu 30 aniversario e faino convertido nun centro de referencia, 'dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación sen comparación na nosa contorna xeográfica', no que se ofrecen os 'servizos máis punteiros da investigación científica', tal e como explica a actual directora, a profesora Sandra Bolaño.
-
O campus de Ourense acolleu a celebración da primeira xuntanza entre responsables dos tres campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia (SUG) acreditados pola Xunta de Galicia. Trátase do Campus Industrial de Ferrol, da Universidade da Coruña; o Campus Terra de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela, e do Campus Auga de Ourense, da Universidade de Vigo.